Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Análise do ámbito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 B12 C2 C3 C9 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso empregando os coñecementos específicos desta materia 70
Solución de problemas A2 B1 B2 B3 B8 B14 C4 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar na resolución de problemas os coñecementos e ferramentas específicos desta materia 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación seguirá os mesmos criterios, tanto para a primeira, como para a segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria. No caso da segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria facilitarase que o/a alumno/a poida acadar o 100% da calificación. Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade. En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo, expoñéndoa en caso necesario.

A avaliación das metodoxías ao longo do curso require a participación activa na aula.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno/a, cando sólo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Situacións de matrícula a tempo parcial ou de exención de asistencia, acordárase unha programación e un sistema de entrega co profesor para os estudos de casos e problemas que non se poidan realizar na aula, sempre coas mesmas obrigas que os/as estudantes presenciais. Os/as estudantes que se atopen nesta situación terán  que acudir, nas datas programadas, ás probas avaliables  presenciais do mesmo xeito que o estudantado a tempo completo.



En calquera caso, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes