Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Subjects
  Management and Competitive Strategy
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Directed discussion A20 B3 B4 B10 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C10 C11 Valorarase a capacidade e participación do alumno na discusión do caso de empresa conforme ás directrices marcadas nesta metodoloxía. 10
Oral presentation C1 C2 C5 C6 C7 C10 Valorarase a capacidade do alumno para presentar oralmente os coñecementos específicos desta materia aplicados ao caso de empresa. 30
Problem solving A20 B6 B7 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a solución de problemas utilizando os coñecementos específicos desta materia. 30
Document analysis C1 C2 C5 C6 C7 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para buscar e analizar as fontes documentais relativas a esta materia e necesarias para solucionar o seu caso de empresa. 10
Case study A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 20
 
Assessment comments

Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade . En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo , expoñéndoa en caso necesario. Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais oportunidades de acordo aos seguintes criterios.

Para os estudantes que participaron activamente, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, na cal consta a súa participación mediante a pertinente avaliación continua, pediráselles que realicen e presenten un traballo coreixido e ampliado daquela parte ou partes que non alcanzasen os mínimos requiridos.

Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, esixiráselles que realicen e presenten un traballo inédito relacionado co proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade. Neste caso na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán do 100%.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes