Tanto o estudo de casos como a solución de problemas exixe para sua realización a aplicación adecuada das metodoloxías impartidas, a presentación dos resultados do análisis, a capacidade de discutir e defender os criterios que sustentan o análisis e a búsqueda, filtrado, selección e consulta de fuentes de documentación que apoyen o análisis. Polo tanto, estes aspectos se avaliarán conxuntamente en ambos conceptos atribuindo un 70% da avaliación ao estudo de casos e un 30% á solución de problemas.
Avaliación segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria: o sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria.
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno cando so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade. En segunda. oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo, expoñéndoa en caso necesario.