Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Máster Universitario en Economía |
Asignaturas |
Microeconomía Avanzada |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Microeconomía Avanzada | Código | 611532028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A2 A7 A11 A12 A13 B6 C5 C7 C10 | Exame escrito. | 30 |
Solución de problemas | A2 A7 A11 A12 A13 B6 B7 B8 C5 C7 C10 | Resolución de problemas propostos. | 70 |
Observacións avaliación | |||
NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións da avaliación: Non se permitirá o acceso á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. AVALIACIÓN: 1. A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas da evaluación continua. 2. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. 3. A avaliación continua realizada durante o curso (Resolución e Entrega de Problemas) constitúe o 70% da cualificación. 4. A proba final constitúe o 30% da cualificación. 5. A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. As condicións de avaliación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira. A maiores, aqueles que non realizasen a avaliación continua terán a posibilidade de facer unha nova entrega de exercicios para recuperar esta parte da nota. 2. Na proba da convocatoria adiantada, se fora o caso, o alumno deberá obter una cualificación de 5 sobre 10. As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que representará o 100% da calificación final. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |
|