Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Matemáticas I |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Matemáticas I | Código | 611G02009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A8 A11 B1 B2 B3 B4 B5 C1 | Haberá dúas probas presencias de resolución de problemas, a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos). Nesta proba valorarase especialmente a capacidade de razoamento do estudantado. | 20 |
Proba de resposta múltiple | A10 B2 B3 B4 | Ao longo do curso haberá dúas probas de resposta múltiple (tipo test), a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos) | 20 |
Proba mixta | A10 B2 B3 B4 | A súa ponderación na cualificación final da materia é do 60% (6 puntos). Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas. Realizarase na data marcada polo centro para a avaliación final da materia. O estudantado deberá amosar, ademais do coñecementos dos contidos da materia e a súa aplicación, a capacidade de razoamento e de expresión en linguaxe matemática. |
60 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de realización dos exames e as probas, e identificación do estudantado Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais. 2. Fraude académica A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario 3. Plataforma virtual Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase o Campus Virtual da UDC (Moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera apropiado, poderá usarse a plataforma do departamento Moebius. Neste caso facilitaráselle a cada estudante un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información precisa para acceder a esta plataforma virtual. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN 1. Cualificación de non presentado Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. 2. Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de asistencia) Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. Primeira oportunidade Avaliación continua A avaliación continua consistirá na realización de dúas probas tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de dúas probas de resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera un 40% do total da cualificación final. Exame final Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación final. Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á cualificación obtida na avaliación continua e no exame final. 2. Segunda oportunidade Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta, e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións: - Suma da puntuación obtida na avaliación continua da primeira oportunidade (máximo catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos) - Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez. 3. Convocatoria adiantada: A cualificación final das persoas que soliciten a convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10 puntos. |
|