Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta
recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da
avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas
clases maxistrais e exercicios prácticos. Esta proba realizarase na
data establecida pola Facultade. O 60%restante responde á avaliación das
prácticas realizadas ao longo do curso.
Para superar a materia é necesario aprobar os traballos
prácticos plantexados na clase e obter un 2 (20 sobre 100) no
exame final. Para aprobar a asignatura é obrigatorio realizar o 80% dos exercicios prácticos avaliables.
Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Unha falta de ortografía supón que non se correxirá ese traballo,
exercicio ou exame.
O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en
contacto cos docentes da asignatura antes do día 15 de febreiro,
a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas.
Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.
Na segunda oportunidade, o alumno deberá
presentar unha serie de prácticas pactadas previamente cos docentes e
examinarse da parte teórica. No caso de que tivera aprobado a parte
práctica ou teórica na primeira oportunidade, gardaríaselle a nota para a
segunda.
Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle),
pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información
necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.