Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Principios económico-contables da empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación.
Solución de problemas Os/as alumnos/as realizarán diferentes traballos sobre temas específicos e supostos prácticos recomendados polo profesor/a. Destes traballos valorarase a capacidade de recompilar e sintetizar, e a achega que cada alumno/a poda facer en canto ao estilo, enfoque e procedemento segundo orientación do profesor/a. Adicional ou alternativamente, practicaranse probas de resposta múltiple.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
En determinadas circunstancias, poderase realizar online a través de la plataforma online, ou de forma presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes