Teaching GuideTerm
Faculty of Law
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Activity and Goods of Public Authorities
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Clinical practice placement A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 60% da cualificación final.

Os/as profesores/as dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas.

No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia polo sistema de avaliación continua é imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas e obter unha cualificación media nas avaliacións das prácticas de aprobado (30 puntos sobre 60).

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas dos grupos reducidos terán un valor do 50% da cualificación final.
60
Objective test A1 A7 Ao longo do curso poden realizarse unha ou varias probas obxectivas. Unha destas probas realizarase na data que determine o calendario oficial de exames en xuño e en xullo.

En cada proba estableceranse previa e claramente os criterios para obter as cualificacións e, no seu caso, para liberar unha materia.

No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia, será preciso sacar un mínimo de aprobado na proba obxectiva (20 puntos sobre 40).

No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, o exame final (cunha valoración do 50% da nota final) consistirá nunha proba obxectiva de 40 preguntas tipo test e un caso práctico. Estas modalidades de exame representarán, respectivamente, o 40% e o 10% dese 50% do exame final. No entanto, será necesario resolver correctamente 25 preguntas do test para poder sumar a cualificación do exame práctico e a valoración da avaliación continua das actividades prácticas. A valoración da avaliación continua mantense, en todo caso, para a segunda oportunidade.
40
 
Assessment comments
Seminars: 10% of the score book your participation in seminars organized
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes