Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Subjects
  Time Series
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Multiple-choice questions A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 Refírese ás probas B1 e B2 da avaliación. Consisten en probas escritas tipo test de coñecementos teórico-prácticos. No caso da segunda oportunidade, refírese á proba D. Para detalles, véxase OBSERVACIÓNS AVALIACIÓN. 60
Practical test: A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B17 B18 B19 B20 B21 C11 C12 C13 C14 C15 Refírese ás probas A1 e A2 de la avaliación. Consisten na análise dunha serie de tempo a través das técnicas estatísticas e do software explicados na clase. No caso da segunda oportunidade, refírese á proba C. Para detalles, véxase OBSERVACIÓNS AVALIACIÓN. 40
 
Assessment comments

Primeira oportunidade: A calificación final procederá (ao 100%) da avaliación continua, que se realizará a través de catro probas: dúas delas orientadas a avaliar a compoñente aplicada da materia e as outras dúas a evaluar os coñecementos teóricos-prácticos. Máis concretamente:

1. Proba A1. Realizarase unha vez impartido o Tema 1 e as seccións 2.1, 2.2 e 2.3 do Tema 2. Consistirá na análise dunha serie de tempo a través das técnicas estatísticas e do software explicados ata ese momento.

2. Proba B1. Realizarase unha vez impartido o Tema 1 e as seccións 2.1, 2.2 e 2.3 do Tema 2. Consistirá na realización dunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos adquiridos ata ese momento.

3. Proba A2. Realizarase unha vez impartida a sección 2.4 do Tema 2 e o Tema 3. Consistirá na análise dunha serie de tempo a través das técnicas estatísticas e do software explicados ata ese momento.

4. Proba B2. Realizarase unha vez impartida a sección 2.4 do Tema 2 e o Tema 3. Consistirá na realización dunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos adquiridos en dita sección 2.4 do Tema 2 e no Tema 3.

Estas probas realizaranse en horario de clase, e as datas serán anunciadas con polo menos 7 días de antelación. O esperable é que as probas A1 e B1 teñan lugar a mediados do mes de marzo, e as probas A2 e B2 na segunda quincena do mes de abril.

Para superar a asignatura será necesario (aínda que non suficiente) que tanto a nota media das probas A1 e A2 como a nota media das probas B1 e B2 sexan maiores ou iguais que 3. Específicamente, si se denotan a través de A1, B1, A2 e B2 as notas (sobre 10) obtidas nas probas A1, B1, A2 e B2, respectivamente, a nota final será:

(a) 0.2*A1+0.3*B1+0.2*A2+0.3*B2, sempre e cando tanto (A1+A2)/2 como (B1+B2)/2 sexan maiores ou iguais que 3.

(b) O menor dos valores 0.2*A1+0.3*B1+0.2*A2+0.3*B2 e 4.9, sempre e cando (A1+A2)/2 e/ou (B1+B2)/2 sexan menores que 3.

Segunda oportunidade: Constará dúas probas: unha delas orientada a avaliar a compoñente aplicada da materia e a outra a avaliar os coñecementos teórico-prácticos. Ambas abarcarán toda a materia impartida. Máis concretamente:

1. Proba C. Consistirá na análise dunha serie de tempo a través das técnicas estatísticas e do software explicados na clase.

2. Proba D. Consistirá na realización dunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos relativos á materia explicada na clase.

Ambas probas terán lugar na data oficial fixada para os exame de segunda oportunidade (o esperable é que sexa no mes de xullo).

Para superar la asignatura será necesario (aínda que non suficiente) que
tanto a nota da proba C como a nota da proba D sexan maiores ou iguais que 3. Específicamente, si se denotan a
través de C e D as notas (sobre 10) obtidas nas probas  C e D, respectivamente, a nota final será:

(a) 0.4*C+0.6*D, sempre e cando tanto C como D sexan maiores ou iguales que 3.

(b) O menor dos valores 0.4*C+0.6*D e 4.9, sempre e cando C e/ou D sexan menores que 3.

Importante: Por defecto, aos alumnos que non superen a asignatura na primeira oportunidade pero sí a parte aplicada (isto é, a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas A1 e A2 non é inferior a 5) ou a parte teórico-práctica (isto é, a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas B1 e B2 non é inferior a 5), consideraráselles dita media como puntuación obtida na parte superada e manteráselles para a segunda oportunidade. Así, na segunda oportunidade só realizarán a proba (aplicada ou teórico-práctica) non superada. Pero si o alumno así o desexa, terá a
opción de realizar as probas C e/ou D, e as novas calificacións obtidas
sustituirán ás anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes