Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Subjects
  Time Series
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Statistical Inference /614493102
Probability Models/614493103

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

-Para superar con éxito a materia é aconsellable a asistencia regular ás clases, sendo fundamental o seguimiento diario do traballo realizado na aula. Tamén son recomendables coñecementos básicos de Probabilidade e de Inferencia Estatística (por exemplo, ter cursado as materias Modelos de Probabilidade e Inferencia Estatística do presente mestrado). Por último, o dispoñer de nocións xerais sobre o paquete estatístico R facilitará a comprensión do seu uso no contexto específico das series de tempo.

-O desenrolo dos contidos da materia realizarase tendo en conta que as competencias a adquirir polo alumnado deben cumprir co nivel MECES3. Presentarase (ou no seu casi indicaranse referencias para) a xustificación teórica de todas a ferramentas estatísticas a utilizar nesta asignatura, orientada á análise de series de tempo. Ademáis, ditas ferramentas poñeranse en práctica a través da súa aplicación a distintos exemplos, tanto con datos simulados como reais. Todos os contidos desta materia estudaranse de xeito riguroso e con profundidade.

-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido nas respectivas normativas das universidades participantes no Mestrado en Técnicas Estatísticas.

-Usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificaciones que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Mestrado en Técnicas Estatísticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes