Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Prácticas Académicas Externas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Prácticas Académicas Externas Código 614544028
Titulación
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Vilares Calvo, David
Correo electrónico
david.vilares@udc.es
Profesorado
Vilares Calvo, David
Correo electrónico
david.vilares@udc.es
Web http://https://mia.udc.es/
Descrición xeral O obxetivo da materia de Prácticas Externas (PE) é completar a formación do mestrado con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A Facultade de Informática (FIC) ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do Mestrado en Intelixencia Artificial que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso anterior. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/ha estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, recibirá os informes do/a titor/a profesional e do/a estudante, e avaliará o realizado polo/a estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance do traballo a realizar polo/a estudante. Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan catro meses (e un mínimo de 400 horas) de experiencia profesional relacionada coas competencias do mestrado e son posteriores á data de obtención do título que deu acceso ao mesmo. As prácticas poden ser realizadas por estudantes a tempo completo que, no momento da solicitude, teñan superado un mínimo do 50% dos créditos (45 ECTS) do total da titulación. No caso de estudantes a tempo parcial, o mínimo requirido é do 25% (23 ECTS).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes