A organización dos temas a impartir será de acorde as necesidades docentes e dependerá do calendario académico.
Para poder superar a materia será obligatorio aprobar o exame de teoría e ademais, alcanzar a lo menos un 5 tras sumar a nota do exame escrito, coa de práticas e TGR. No caso de que o estudante, por razóns debidamente
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación
continua, o/a estudante contactará co profesorado para establecer datas de defensa para os traballos e prácticas.
Segunda Oportunidade:
Mantense a nota obtida nas prácticas e nos traballos tutelados durante o curso e tamén o seu peso na nota final. O exame realizarase nas mesmas condicións que na primeira oportunidades co mesmo peso na avaliación final e requerimentos para facer media.
Dispensa de asistencia:
No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos na primeira convocatoria.
Plaxio:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
Non Presentado:
Os e as estudantes que non concorran a Proba Obxetiva terán a calificación de "Non Presentado".