Teaching GuideTerm Faculty of Computer Science |
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos |
Subjects |
Signals and Systems |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2024/25 | |||||||||||||
Subject | Signals and Systems | Code | 614G02014 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
ICT practicals | B2 B9 B10 C1 | Avaliación continua do traballo do alumno a través de cuestionarios sobre as prácticas realizadas. | 20 |
Objective test | A21 B2 B3 | Proba escrita consistente na resolución de exercicios relacionados co contido da materia. | 80 |
Assessment comments | |||
De cara á súa avaliación, a materia vaise a dividir en dous módulos: Módulo 1 (temas 2, 3 e 4) e Módulo 2 (temas 5, 6 e 7) Cada módulo avaliarase sobre 10 puntos. A cualificación será resultado da suma das cualificacións relativas á avaliación continua das prácticas (20%) e unha proba obxectiva (80%). Cando a suma sexa igual ou maior que 5.0, o módulo considerarase superado. Durante o curso, haberá unha proba obxectiva relativa ao módulo 1 que terá lugar o día 13 de novembro de 2024. Esta proba permitirá a superación do módulo 1. Na data fixada pola FIC para o exame da 1ª oportunidade (xaneiro 2024), haberá unha proba obxectiva para cada módulo. Non estarán obrigados a realizar a proba do módulo 1 quen xa o superaron (aínda que poden facelo para mellorar a súa cualificación). Superarán a materia na 1ª oportunidade quen superasen os dous módulos. Nese caso, a cualificación será a media aritmética das cualificacións obtidas nos dous módulos. Se non se superou algún dos dous módulos, e a media aritmética das cualificacións é igual ou superior a 5.0, a cualificación que se reflectirá na acta será de 4.0. Na data fixada pola FIC para o exame da 2ª oportunidade (xuño/xullo 2024), haberá de novo unha proba obxectiva para cada módulo. Non estarán obrigados a realizar a proba dun dos módulos quen xa o superaron na 1ª oportunidade (aínda que pode facelo para mellorar a súa cualificación). Superarán a materia na 2ª oportunidade quen superasen os dous módulos. Nese caso, a cualificación será a media aritmética das cualificacións obtidas nos dous módulos. Se non se superou algún dos dous módulos, e a media aritmética das cualificacións é igual ou superior a 5.0, a cualificación que se reflectirá na acta será de 4.0. Alumnado matriculado a tempo parcial: non está obrigado a realizar a avaliación continua relativa ás prácticas. A avaliación realizarase mediante as probas obxectivas (100%). Cando a cualificación dun módulo sexa igual ou superior a 5.0, o módulo considerarase superado. Cando se superaron os dous módulos, a cualificación será a media aritmética. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC |
|