Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A25 A26 A28 A1 A3 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Os alumnos deberán desenvolver proxectos de análise de datos sobre problema reais aplicando as técnicas de aprendizaxe automática aprendidas na asignatura. 50
Proba obxectiva A24 A25 A1 A3 B7 No período de avaliación realizarase unha proba de coñecimientos teóricos e de resolución de problemas prácticos para avaliar a adquisición das competencias por parte do alumno. 50
 
Observacións avaliación
O alumno deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 puntos na proba obxectiva e unha nota mínima de 4 sobre 10 nos traballos tutelados. Se non se acada esta nota mínima nalgún dos dous ditos apartados, a nota da materia será a menor das dúas. Satisfeitos estes requisitos, deberase acadar unha nota mínima de 5 no global da asignatura para superala.

Un/unha estudante considerarase presentado/a nunha convocatoria se se avalía dos traballos tutelados ou se se presenta á proba obxectiva.
 
Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nos traballos tutelados. Aqueles/as estudantes que teñan que incorrer a esta oportunidade deberán realizar a proba obxectiva cos mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. Opcionalmente, con respecto ós traballos tutelados, habilitarase unha avaliación adicional para os traballos tutelados. A cualificación desta avaliación substituirá a nota dos traballos tutelados da primeira oportunidade. Presentarse á dita avaliación implica a perda da cualificación anterior independentemente de que esta fora superior.

No caso de suspender a asignatura, os traballos tutelados con nota igual ou superior a 5 gardaranse para o curso posterior con calificación de aprobado (5). En cada curso, o alumno terá a opción de entregar unha nova práctica que sustituiría a nota da anterior. Os traballos non se gardarán máis de un curso.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Titorías
A maiores, as titorias considéranse unha parte importante dentro do desenvolvemento da asignatura. Están orientadas de tal maneira que os/as estudantes teñan e/ou poidan consultar distintas cuestións como: 
1. Posibilidades de desenvolvemento profesional 
2. Problemas no desenvolvemento das prácticas 
3. Maneiras de enfocar/organizar as prácticas 
4. Resolución de dubidas sobre as cuestións teóricas 

Debido a configuración baseada na non presencialidade das mesmas por parte dos centros, pedirase ós/ás estudantes que soliciten cita ós profesores responsables para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes