Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Cooperación, migración e desenvolvemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 A asistencia ás sesións expositivas e participación activa nas discusións derivadas das mesmas será avaliada. 10
Lecturas A10 A12 B3 B6 A realización das lecturas suxeridas para cada unidade será avaliada a través da súa presentación na aula e/ou o desenvolvemento de comentarios de texto. 40
Aprendizaxe colaborativa A6 B2 B5 B13 B14 B15 B17 B18 C1 C4 C6 C7 Realización de actividades prácticas en equipo nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.

Para o alumnado en modalidade a distancia ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual).
50
 
Observacións avaliación

Para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica, acordarase un programa específico de titorías ao comezo do curso, en función da súa dedicación.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación, serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiándose e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e o plaxio o suspenso da materia.

A entrega dos traballos para realizar nesta materia realizarase a través da ferramenta disposta para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.

Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes