Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Statistics Applied to the social sciences 1
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Objective test A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Consistirá en 2 probas obxectivas a realizar na aula sobre os temas presentados ata ese momento e nas que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou tipo test e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os cales estará permitido o uso de calculadora.

Será necesario obter un mínimo de 2,5 en cada unha das probas e unha nota media de 4,0 para poder optar a superar a materia.
70
Student portfolio A5 A7 A16 B7 B21 C3 Consistirá en 2 prácticas a desenvolver na aula onde resolverán e interpretarán exercicios empregando o programa estadístico dado en clase.

Non se poderán entregar fóra do horario de clase previsto para a súa realización.

Cada unha delas ten un peso do 15% da nota final.

Para poder optar a superar a materia, haberá que presentar polo menos unha delas e obter un 2,5 na mesma.
30
 
Assessment comments

A materia preséntase como un sistema de avaliación continua que consistirá
nunha parte teórico-práctica (2 exames) e outra cunha orientación exclusivamente
práctica (2 prácticas a realizar na aula). A avaliación, pois, seguirá o
seguinte esquema:

-2 exames parciais compostos por preguntas curtas e/ou tipo test e
exercicios que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados,
para os que estará permitido o uso de calculadora. Farase a media aritmética
dos dous exames no caso de obter, polo menos, unha nota de 2,5 en cada un
deles. Esta parte supón o 70% da nota final da materia.

-2 prácticas consistentes na realización, interpretación e/ou análise de exercicios
prácticos. Estas prácticas serán realizadas nas horas de clase e non se poderán
entregar fóra das mesmas. Cada práctica supón o 15% da nota final da materia e
para ser tidas en consideración será necesario obter un 2,5 polo menos nunha
delas.

Para superar a materia será necesario:

-Obter, polo menos, unha nota media de 4,0 na parte teórico-práctica
(exames).

-Presentar como mínimo unha práctica cunha nota de 2,5.

-Obter unha nota final de 5,0 ou superior.   

 

No caso de non aprobar a materia durante a avaliación continua ou optar por
non seguir esta modalidade de avaliación, o alumnado poderase presentar á proba
obxectiva nas convocatorias oficiais  que consistirá nun exame que
abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou tipo test e
exercicios prácticos que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de
resultados, para os cales e estará permitido o uso de calculadora.

Non se gardará ningunha nota para as convocatorias oficiais.

 

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da
UDC
.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes