Supervised projects |
A34 A35 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 |
A avaliación do traballo en grupo elaborarase segundo os estándares explicados polo profesor na clase. |
30 |
A materia contempla dúas modalidades de avaliación: 1) Avaliación continua: Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (proba obxectiva, traballo tutelado e debates guiados). As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada delas. No caso de suspender a primeira convocatoria de xuño, o alumno terá que realizar un exame de recuperación de todo o curso no mes de xullo. 2) Avaliación final non continua: Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente ás clases, e concretamente ás prácticas, deberán optar á avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso do 100% da nota final. Este exame incluirá preguntas sobre lecturas obrigatorias. Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, a “dedicación ao estudo, a “permanencia” e a “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|