Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Sociological Theory 2
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Long answer / essay questions A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 Esta proba consistirá nun exame con preguntas a desenvolver que suporá o 50% da nota final. A proba ten a finalidade de verificar a comprensión do contido do curso e, por tanto, incluirá preguntas relacionadas con todo o material da materia: o contido das clases, as lecturas e as actividades prácticas. A data será a marcada oficialmente pola Facultade. 50
Critical bibliographical A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 C7 A parte práctica avaliarase mediante un conxunto de cinco traballos de recensión bibliográfica sobre os mesmos textos que serán obxecto das sesións de seminario. Nestas probas avaliarase a comprensión das lecturas dos seminarios, a capacidade para despregar razoamentos elaborados, a aprendizaxe das ferramentas de análises que ofrecen as teorías sociolóxicas, etc. 50
 
Assessment comments

AVALIACIÓN CONTINUA

Primeira oportunidade

O sistema de avaliación consiste en 5 traballos de recensión bibliográfica relacionados co textos de seminario que se traballarán nas sesións de Docencia Interactiva (Parte Práctica) e unha proba final (Parte Teórica). Tamén poden realizarse traballos voluntarios. A valoración da participación neste sistema de avaliación continua realizarase como segue:

Parte Práctica. Supón un 50% da nota final. Realizaranse 5 traballos de recensión bibliográfica ao longo do curso. Todas eles referiranse ás lecturas dos seminarios.

Os alumnos disporán dun calendario de entrega destes traballos. Os traballos non realizados son equivalentes a un 0. A nota final deste bloque será igual á media estatística das puntuacións dos 5 traballos.

Todas as probas prácticas ás que o alumno non se presente ou que suspenda poderán recuperarse repetíndoas e presentándoas o día do exame da parte teórica.

Parte Teórica. Realizarase unha proba final con preguntas a desenvolver que suporá o 50% da nota final. Esta proba ten a finalidade de verificar a comprensión do contido do curso. Poderá incluír tanto preguntas relacionadas co contido das clases maxistrais como das sesións prácticas.

Traballos voluntarios. Os alumnos poderán realizar un máximo dun traballo voluntario co obxectivo de mellorar a súa nota final. Se o alumno decide facer un traballo voluntario diferente aos que o profesor irá suxerindo ao longo do curso, terá que consultalo previamente con el (en caso contrario, non se aceptará a súa entrega). Os traballos voluntarios avaliaranse nunha escala de 0 a 10. A nota dividirase por 10 e sumarase á nota final obtida mediante a fórmula exposta máis abaixo. O último día para presentar un traballo voluntario é o día da proba teórica de primeira convocatoria. Non se aceptarán traballos voluntarios presentados en datas posteriores.

 

Para ser avaliado, o alumno deberá cumprir as seguintes condicións (pola contra, será cualificado como “Non presentado”):

a)     Presentarse máis de dous traballos da parte práctica.

b)     Presentarse á proba da parte teórica.

Se o alumno cumpre con estes criterios para ser avaliado, a nota final da materia calcúlase coa seguinte fórmula:

 

NOTA FINAL = Media das probas parciais * 0.5 + Proba final * 0.5

Esta fórmula SÓ SE APLICARÁ NO CASO DE QUE A NOTA DA PROBA TEÓRICA FINAL SEXA IGUAL OU SUPERIOR A 5. 

Todos os alumnos teñen dereito a revisar as súas probas avaliables no horario indicado para iso.

  

Segunda oportunidade

Todas as probas que sexan superadas durante a primeira oportunidade da avaliación continua (tanto as da parte práctica como a proba final) quedan superadas. A segunda oportunidade, por tanto, consiste en volver realizar as probas suspendidas (ou cun “non presentado”) que o alumno estime que necesita para superar a materia.

Terán a cualificación de “non presentado” nesta segunda oportunidade aqueles que non se presenten a ningunha das probas. O resto avaliará tomando para o cálculo a nota máis alta obtida en cada proba entre a primeira e a segunda oportunidade.

Os pesos relativos dos distintos bloques son os mesmos que na primeira oportunidade.

  

AVALIACIÓN NON CONTINUA

 Aqueles alumnos que se obteñan o recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), serán avaliados nunha proba de desenvolvemento final que incluirá preguntas relacionadas co contido das clases, as lecturas e as actividades prácticas, é dicir, con todo o material do curso, e que será dun formato máis extenso que a proba teórica dos alumnos de avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes