Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Política social e servizos sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A1 A4 A15 A17 O alumnado da materia formará grupos de traballo de entre 3 a 6 persoas, e escogerán, unha serie de libros de leitura entre os recomendados polo profesorado. O número de libros sobre os que facer a reseña colectiva sería un máis que o nº de persoas que compoñer o grupo de traballo. A reseña entregarase ao longo do curso e terá un peso na avaliación do 20%. 20
Proba obxectiva A1 O exame implicará a avaliación dos coñecementos teóricos da materia e o seguimento das leituras asignadas. 40
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A14 A15 A17 A18 A19 A21 A24 A26 A30 A31 A32 A36 B1 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B27 C4 C6 C8 O alumnado, de forma colectiva en grupos de 3 a 6 persoas, realizará o traballo/investigación de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos das políticas sociais e servizos sociais.

Este traballo estará dirixido ou tutelado polo/a profesor/a.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesorado e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos tutelados.

Para concluir, e como parte da avaliación do traballo, este será presentado polo alumnado implicado ao resto da clase no final do curso.
40
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial.- Avaliación continua.

O alumnado que asista ao menos ao 80% das clases poderá optar a un sistema de avaliación continua, cuxo sistema de avaliación será o seguinte:

Reseña grupal (20%)

Durante as 2 primeiras semanas de curso cada grupo de alumnado debe escoller un número de obras para a súa leitura do listado que se facilita en Moodle e elaborar unha reseña conxunta das mesmas. Ao longo do curso o profesorado poderá realizar preguntas acerca do avance na leitura da obra escollida. A data de entrega estará fixada con antelación no Moodle da materia. Ol número de libros que o grupo deberá ler sempre será unha máis que o nº de alumnado que compoña o grupo (un mínimo de 3 persoas e un máximo de 6 persoas). 

Probas obxetivas (40%).- Ao longo das clases interactivas realizaranse diversos exames tipo test onde se recollerán os aspectos máis significativos da explicación teórica da materia. Ditos exames constarán de 8-10 preguntas en torno a unha leitura suxerida previamente polo profesorado e se desarrollarán ao longo de diversas clases interactivas. Os materiais estarán subidos na carpeta de Moodle ao inicio do curso, xunto a un calendario. A superación con un  mínimo dun 4 de todos os exames tipo test, xunto coa obtención de ao menos un 5 no conxunto das probas obxetivas será necesario para seguir optando á avaliación continua.

 

Traballo de investigación (40%).- Trátase dun traballo en equipo, conformado de igual maneira que o referido ao apartado anterior. Débese realizar unha aproximación exploratoria a algunha das políticas de atención social traballadas durante o curso (xuventude, migración, drogadicción, maltrato, vellez, etc.) Ol traballo constará duns obxectivos, un breve marco teórico e no aspecto da investigación primaria cando menos 2 entrevistas a persoas afíns a ditas políticas (técnicos/as, usuarios/as, expertos/as, etc.). Do que se trata é de relacionar o marco teórico coas principais citas extraídas das entrevistas. Non é necesario transcribir estas pero sí enviar o audio das mesmas. Tamaño: 6000-10000 palabras, incluindo como referencias cando menos 16 obras: 10 provintes da parte teórica e/ou dos outros traballos da materia e 6 de búsquedas propias. Valorarase a capacidade de síntese, o traballo en equipo, os criterios éticos no desenrolo da investigación, e a profundización no debate académico á hora de relacionar a teoría coa investigación primaria. Da mesma maneira que no criterio de avaliación anterior, desenrolarase unha rúbrica de avaliación nas clases interactivas co fin de proceder na presentación dos traballos a unha coavaliación por parte do resto da clase. 

Avaliación non presencial

O alumnado que opte pola avaliación non presencial, o cal debe comunicarse antes da primeira clase do mes de outubro, será avaliado conforme aos seguintes criterios:

-       Reseñas (30%).- De forma individual cada alumno/a debe escoller como mínimo 3 obras do listado que aparece en Moodle e axustarse aos seguintes prazos de entrega: 

1)    Entrega 1.- 15 de outubre

2)    Entrega 2.- 12 de novembro

3)    Entrega 3.- 3 de decembro

-       Exame (70%).- Realizarase unha proba liberatoria na última semana de clases. Dita proba será tipo test, entrando como materiais os mesmos textos que nas probas de avaliación continua realizados ao longo das diversas interactivas. Neste caso, para o alumnado non presencial a nota de corte é un 5, restando as respostas erradas e/ou non contestadas. 

Primeira oportunidade

Convocatoria xaneiro/febreiro, data acordada polo centro.

No caso de non superar a avaliación presencial ou non presencial (ou no caso de querer optar a superar a materia na convocatoria oficial), o alumnado realizará un examen que constará de dúas partes.

a)     Tipo test (50%), cuxos materiais e criterios serán os mesmos que nos apartados referidos ao alumnado non presencial.

b)    Pregunta autoformulada.-O/a alumno/a debe llevar preparado ao exame unha pregunta do seu interés que tema que ver cos materiais da asignatura e respondela nunha extensión máxima de 2 cuartillas de folio. Debe incluir unha introducción breve acerca do interese pola temática, a súa relación co contido da materia, os materiales utilizados para a resolución da mesma, os argumentos a favor e en contra encontrados en diversos autores/as e unha reflexión crítica final. 

Segunda oportunidade

Convocatoria xuño/xullo, data acordada polo centro

Mesmo criterio que na primeira oportunidade

Alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica
Deben informar ao profesorado ao comezo do cuadrimestre da súa situación e acordar un calendario de titorías, tarefas e entregas a ser avaliadas. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes