É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado, na media das prácticas de laboratorio (as cales deben entregarse todas obrigatoriamente) e na proba obxectiva para aprobar a materia. Se o traballo tutelado ou algunha práctica de laboratorio non se entregan no tempo e forma estipulados suporá unha calificación de "Non Presentado" (NP). Todas as tarefas deberán ser entregadas a través do Campus Virtual.
As faltas de ortografía e gramática teranse en conta na calificación. Un traballo con faltas de ortografía non se considerará aceptable e se calificará cun suspenso.
Realizarase unha presentación oral final do traballo tutelado. Todos os alumnos que se presenten a dita convocatoria deberán asistir á duración completa, chegando antes do comezo da mesma e asistindo a todas as presentaciones de dita convocatoria.
A mala presentación dos traballos e prácticas (documentos mal estruturados, índices erróneos, fontes de texto de tamaño aleatorio, textos cortados, imaxes pouco lexibles, mala redacción, carencia de maquetación, diferencia no formato das páxinas, nomes de arquivos que inclúan espazos ou caracteres especiais, etc.) afectará negativamente á calificación dos mesmos ata o punto de poder ser calificados cun suspenso.
Tan só se gardarán as notas das distintas partes se son superiores a 5 (un máximo dun ano sempre e cando a materia non se actualice e as actividades a realizar sexan distintas; caso no que non se gardarán as actividades nas que houbera modificación das condicións). Na segunda oportunidade a parte de prácticas de laboratorio corresponderá a unha nova pequena práctica resumo do curso que compute o 30% correspondente.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.