Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ambientación sonora e musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentacións orais dos proxectos sonoros (traballos tutelados) nas súas diferentes fases. Nestas presentacións cada grupo deberá explicar o seu proxecto (en función do momento en que se desenvolvan poderán presentar a idea, o desenvolvemento do produto, decisións narrativas e estéticas...) e responder as cuestións dos/as compañeiros/as.

As presentacións tamén implican unha participación activa da aula, con suxestións, propostas ou valoracións que poidan mellorar o resultado final.

Para a avaliación das presentacións orais débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar en cada presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar un formulario de valoración-propostas de mellora.
10
Proba de resposta breve A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 Proba de resposta breve. Preguntas concretas, definicións, que amosen a adquisición dos contidos teóricos da materia.
Só se computarán aquelas respostas completamente correctas.
30
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades, test, exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientadas á consolidación dos contidos teóricos. Como parte destas sesións poderanse integrar conferencias de expertos/as na materia ou valorar a asistencia e participación en actividades deste tipo desenvolvidas no eido da Facultade-Universidade.

Terase en conta a participación oral na aula dentro ou fóra dos debates dirixidos, as intervencións de valor na análise de fragmentos audiovisuais ou a introdución de novos exemplos.
5
Estudo de casos A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 Análise sobre un produto sonoro seleccionado pola profesora, será realizado de forma individual e presentado na aula de teoría. Na avaliación terase en conta tanto a calidade da análise e reflexión crítica como do son, sendo preciso obter un mínimo de 50% da nota para o seu cómputo.

No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de cero puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de cero puntos.
5
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A12 C2 As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 1 puntos na nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos e a reflexión crítica sobre os mesmos.

Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e entregado -a lo menos- o 80% das prácticas tipo obradoiro (prácticas de grupo mediano).

Só se admitirán as prácticas/portafolios entregados en tempo e forma. Para ter en conta a entrega débese asistir a sesión correspondente. De non ser así a entrega pasaría a considerarse una práctica fraudulenta co consecuente suspenso da convocatoria.

O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos).

10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 Ideación e planificación de dous proxecto sonoros de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción íntegra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.

Proxecto 1. De ideación grupal e execución individual. Conta cunha valoración máxima de 1,5 puntos.

Proxecto 2. De ideación e execución grupal. Conta cunha valoración máxima de 2,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de cero puntos.
40
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Nesta explicación e, en xeral, na materia promoverase a reflexión crítica en torno aos condicionantes das desigualdades existentes nos ámbitos da produción, recepción e contidos sonoros-audiovisuais, con especial énfase no que respecta as crenzas, estereotipos e roles de xénero (na liña do ODS5). Con este cometido valorarase  positivamente a inclusión da perspectiva de xénero nos exercicios, prácticas e proxectos  así como o emprego dunha linguaxe inclusiva no seu desenvolvemento.

Máis aló do xénero nas actividades promoverase o desenvolvemento de actividades e enfoques na liña dos ODS buscando alianzas para acadar os obxectivos (ODS17), con outras entidades (dentro e fóra da universidade).

Dada a importancia do traballo en grupo dentro da materia, estableceranse sistemas de seguemento-avaliación para valorar o grado de cohesión e participación das persoas integrantes, así como para ponderar a nota tendo en conta a súa implicación-participación no proxecto. 

Para superar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións das prácticas da materia e do exame. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

Para superar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA  o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente (peza e normas para o seu desenvolvemento se facilitarán a través do campus virtual), co correspondente dossier. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba, de preguntas breves, constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

O alumnado que conte matrícula reducida por dispensa académica e dedicación ao estudo, así como todos os aspectos vencellados a permanencia ou fraude académico rexeranse de acordo coa normativa vixente da UDC. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes