Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Subjects
  Scriptwriting
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A10 B3 B1 C4 C6 C8 Exame da materia
Tipo test, preguntas cortas sobre a teoría e casos prácticos realizados nas sesións de obradoiro.
É necesario aprobar esta parte para que a súa calificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta evaluación.
Se non se aproba, a materia resulta automáticamente suspensa.
50
Workshop A34 B4 B6 B7 B11 B13 Prácticas curtas individuais ou colectivas realizadas na clase.
10
Supervised projects A34 B2 B5 B6 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C9 Traballos individuais e/ou en grupo.
A calificación de cada alumno integrante do grupo podría ser diferente en función da súa aportación e compromiso.
40
 
Assessment comments

O estudante debe consultar periódicamente a plataforma do Campus Virtual onde se publicarán avisos, datas de entrega, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma apoiando así a política Green Campus da UDC.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer:

1. Unha proba teórica no horario de clase que suporá o 25% da nota final e que, ainda que sexa obrigatoriamente presencial na aula, o profesor pode plantexala a través do campus virtual, o que require que o estudante leve un equipo axeitado. A non asistencia ese día á clase (data publicada o primeiro día de clase) e a conseguinte non realización da proba suporá para o estudante a perda da porcentaxe desa tarefa na nota global.

2. Realizar unha serie de actividades a través do Campus Virtual (con data límite de entrega) en tempo e forma. Esto suporá o 50% da avaliación final. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase no Campus Virtual e a execución seguirase a través da mesma plataforma do Campus Virtual. Se algún estudante non cumple a entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual considerarase ese traballo non feito e a calificación que lle correspondería na avalización global a esa tarefa quedará deserta.

3. Realizar unha proba teórica na data oficial do exame que suporá o 25% da nota final.

Os guións dos estudantes poden ser expostos durante as clases e lidos e/ou analizados por compañeiros.

recuperación na segunda convocatoria pode ser completa ou parcial. No caso de que o estudante se acolla á recuperación parcial poderá repetir as probas teóricas ou prácticas que puntúan autonomamente, pero non o conxunto dos numerosos exercicios breves realizados presencialmente na aula ao longo do curso cuxa puntuación global é 1. Sempre prevalecerá a derradeira puntuación obtida. No caso da recuperación completa, o punto dos numerosos exercicios realizados presencialmente na aula ao longo do curso pasará a prorratearse na puntuación práctica.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Os estudantes con matrícula parcial ou exención académica de asistencia deberán concretar coa profesora o sistema de traballo antes do inicio do curso ou coma moi tarde na primeria semana do mesmo.

O uso da Intelixencia Artificial, de ser o caso, debe ser indicado no traballo como unha referencia na que se especificará cal se empregou, en que versión, e a instrución (prompt) dada a IA para a obtención do resultado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes