A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (10% da nota final), un exame teórico(10%), un traballo final (30%) e os exercicios prácticos (50%) realizados ao longo da materia.
Os resultados de aprendizase, as datas de entrega e os
criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse
previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas
e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas
avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de
inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado;
realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do
alumnado.
As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o
traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe autonómo non
presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica
terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os períodos
de tempo sinalados.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán
os mesmos.
Todos os aspectos relacionados coa permanencia e o fraude
académico rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.