Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
   Prezos e Distribución de Animación e Videoxogos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A32 A33 B13 C4 C5 Exame tipo test con catro posibilidades, con preguntas sobre os contidos cubertos no curso. 40
Traballos tutelados A18 A32 A33 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B13 C1 C3 C7 C9 Traballo de desenvolvemento dos contidos aplicados e centrado nos diferentes proxectos que se solicitan. 40
Presentación oral B2 B3 B4 B6 B11 C1 C3 C9 Defensa dos contidos aplicados nos diferentes proxectos que se solicitan. 20
 
Observacións avaliación

No desenvolvemento da parte práctica serán avaliados:
Aplicación das bases teóricas. Calidade de presentación. Precisión, claridade de exposición e calidade das respostas. Fontes primarias e secundarias usadas. Revisión bibliográfica.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as fechas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos e propiciarase a intervención nas clases do estudantado.

Fomentaranse os valores de respecto e igualdade para evitar situacións de discriminación por razón de xénero ou de calquera outro tipo.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes