Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Comunicación |
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos |
Asignaturas |
Empresa e Emprendemento |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Empresa e Emprendemento | Código | 616G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | B5 C9 | Os estudantes contestarán a preguntas abertas cortas que relacionan os conceptos teóricos con aplicaciones prácticas dos casos de estudo e preguntas obxetivas cunha única resposta correcta. | 50 |
Presentación oral | A1 B11 B12 B13 C1 C3 C7 | Valorarase a presentación oral do plan de empresa tendo en conta o seguinte: - Manexo de terminoloxía específica, precisión e adecuación do contido - Claridade expositiva - Exposición ordenada de ideas, capacidade de análise e síntese da información - Deseño da presentación - Capacidade de resposta a posibles preguntas e calidade da resposta |
30 |
Estudo de casos | A1 A32 A33 B2 B3 B4 B6 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 | Informe escrito (plan de empresa) | 20 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación descritos servirán para a primeira oportunidade, segunda oportunidade e convocatoria adiantada de decembro. Para superar a materia, é imprescindible obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no plan de empresa, tanto no informe escrito (estudo de casos 20%) como na presentación oral (30%), e no exame final (proba mixta 50%). Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade. En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo (plan de empresa), expoñéndoa en caso necesario. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |
|