Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Empresa e Emprendemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B5 C9 Os estudantes contestarán a preguntas abertas cortas que relacionan os conceptos teóricos con aplicaciones prácticas dos casos de estudo e preguntas obxetivas cunha única resposta correcta. 50
Presentación oral A1 B11 B12 B13 C1 C3 C7 Valorarase a presentación oral do plan de empresa tendo en conta o seguinte:
- Manexo de terminoloxía específica, precisión e adecuación do contido
- Claridade expositiva
- Exposición ordenada de ideas, capacidade de análise e síntese da información
- Deseño da presentación
- Capacidade de resposta a posibles preguntas e calidade da resposta
30
Estudo de casos A1 A32 A33 B2 B3 B4 B6 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Informe escrito (plan de empresa) 20
 
Observacións avaliación
Os criterios de avaliación descritos servirán para a primeira oportunidade, segunda oportunidade e convocatoria adiantada de decembro. Para superar a materia, é imprescindible obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no plan de empresa, tanto no informe escrito (estudo de casos 20%) como na presentación oral (30%), e no exame final (proba mixta 50%).

Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade. En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo (plan de empresa), expoñéndoa en caso necesario.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes