Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Inglés Profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A5 A41 B2 B3 B4 B11 B12 C2 C3 C6 C7 Nesta exposición oral evaluaránse as competencias de traballo en grupo e de expresión oral. 20
Portafolios do alumno A5 A41 B1 B3 B4 B11 B13 C2 C3 C4 C6 C9 Ao final de curso os alumnos entregarán un portafolio cos contidos establecidos ao longo do cuatrimestre: actividades iniciais, analises DAFO, Business Model Canvas, etc... 20
Proba obxectiva B1 B13 C2 Exame final
Calificación mínima: 4
40
Proba de resposta múltiple A41 B1 B3 Duas probas corta de resposta múltiple 20
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder a aula do exame con cualquier dispositivo que permita a comunicación co o exterior e/ou almacenamiento de información.

2.   Identificación do estudante: O estudante ten que acreditar a sua personalidade de acordo coa normativa vixente.

B)   TIPOS DE CALIFICACIÓN: 

1.   Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando so participe en actividades de evaluación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

2.   Estudiantes con recoñecemiento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para las datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as restantes probas se acordará ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación.

C)   OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 

1.  Primeira oportunidade: se aplicarán os criterios de evaluación anteriormente indicados nesta sección. 

2.  Segunda oportunidade:  Nesta convocatoria, a proba obxetiva valdrá 70% e portfolios 30% cada un para compensar a presentación oral e as duas probas de resposta múltiple.  

3.  Convocatoria adelantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar ls puntos da evaluación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistraes) mediante preguntas adicionaiss a proba obxetiva final.

D)   OUTRAS OBSERVACIONS DE AVALIACIÓN: 

A calificación final de Inglés Profesional é o resultado ponderado do portfolio, mais as duas probas de resposta múltiple, a proba obxetiva (examen final) xunto coa calificación obtida na presentación oral. E obrigatorio entregar todos os traballos nos plazos correspondentes así como obter unha nota mínima de 4 no exame final. Os alumnos que teñan que presentarse a convocatoria de xulio, deberán entregar os traballos das partes non superadas na data do examen.

O alumnado que non se presente o día do exame oficial obterá a cualificación de NP, se entregou menos do 50% de traballos durante o curso.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autora/es de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...)

Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e incluirase na contorna para modificalo e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

IMPORTANTE:

Todos os aspectos relacionados con a dispensa académica, a dedicación ao estudo, a permanencia e a fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes