Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 3
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A importancia da atención personalizada é consecuencia dos obxectivos docentes da materia que non consisten tan só en informár ou comunicar uns contidos máis ou menos obxectivos, senón formar: desenvolver habilidades, modos de enfrontarse cos problemas, estimular a creatividade, o espírito crítico, etc.

A atención personalizada ao alumno realizarase nos talleres e mediante entrevistas persoais co profesor. Nos talleres, explicaranse os distintos aspectos da práctica en conxunto para os alumnos do grupo, pero se corrixirá e explicará a cada alumno o seu traballo particular.

Despois de cada proba obxectiva recibirase aos alumnos que o desexen co fin de comentar os aspectos do exame que estimen oportuno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes