Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 B2 B9 C1 C3 C6 C7 Valoración do traballo desenrolado 30
Proba obxectiva A15 A17 A18 A24 B2 C1 Resultados proba 70
 
Observacións avaliación

Asistencia
A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno.

Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa.

Para poder realizar as probas obxectivas será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80% ás clases de teoría (expositivas) en modalidade presencial, xunto co 80% ás clases prácticas (interactivas) da materia, así como entregadas adecuadamente o 80% das prácticas semanais.

Avaliación
O sistema de avaliación continua configúrase con dúas probas obxectivas, que se realizarán durante o curso, e un traballo tutelado que se desenvolverá ao longo do cuadrimestre e cuxo seguimento esixirá entregas parciais.

As probas mixtas representan o 70% da cualificación global e o 30% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado que inclúe o traballo de taller. Devandito traballo consta dunha parte de taller e outra específica da materia.

A superación da materia esixe obter unha cualificación mínima global, considerando tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10. Para obter esta nota hase de ter un valor mínimo de 3/10 en cada unha das partes avaliadas (cuestionarios teóricos, problemas de mecánica, problemas de cimentacións e traballo práctico).

Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada.

Para a realización das probas obxectivas permitirase o emprego da normativa vixente, os PDF dos apuntamentos de clases elaborados polos profesores sen exercicios resoltos; un formulario manuscrito (escrito a man, non fotocopiado) en formato A4 a dobre cara, índices/diagramas de fluxo do proceso de solución dos exercicios de realización persoal, manuscritosy que non conteñan información numérica, así como unha calculadora non progamable (non se permite o uso do móbil ou outros dispositivos electrónicos ao efecto). De forma puntual poderase empregar aquela documentación que o profesorado poida fornecer ou autorizar ao efecto.

Primeira e Segunda Oportunidade

Os estudiantes que non superasen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos os casos consérvase a nota do traballo tutelado.

Non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos presentados debido á imposibilidade de garantir a autoría do estudiantes. Por tanto, quien non entregue este traballo no seu momento non poderá computar este apartado.

Convocatoria Adiantada
Nesta convocatoria o alumnado examinarase da totalidade da materia. Mantense a nota obtida con anterioridade no traballo tutelado, pero neste caso os alumnos poden optar por modificalo asistindo ás clases de taller da materia. A súa entrega realizarase unha semana antes do prazo de exames desta oportunidade.

Plaxio

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria.

Situacións especiais: alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
Tempo parcial: Non se contemplan medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial debido a que a materia participa da metodoloxía de taller

Dispensa Académica de Exención de Asistencia: Non se contempla debido a que a materia participa da metodoloxía de taller

Avaliación: sen cambios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes