Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A57 B30 Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado.

A asistencia a prácticas, a presentación do informe, e a súa superación terán carácter obrigatorio.
15
Proba obxectiva A54 A55 B30 B31 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas.

Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada.

Consta de dous bloques diferenciados que se avalían separadamente: o bloque de mecánica (temas 1-7) e o de electromagnetismo (temas 8-10).
40
Solución de problemas A57 B31 B33 Avaliarase a evolución na resolución dos problemas, cuestionarios e/ou traballos que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. 15
Proba mixta A57 A55 B30 B32 B36 Proporánse problemas e cuestións teóricas sobre os conceptos de temas concretos da materia que o/a alumno/a deberá resolver. 30
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA
(60 % da nota total):
O
traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a
través do xeito seguinte:

1) Probas obxectivas
parciais (30 % da nota total). Abarcan un número limitado de temas, non
liberan materia.

2) Entrega de
traballos e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos (15 % da
nota total).

3) Prácticas de
laboratorio (ata 15 % da nota total). A súa superación é obrigatoria para
aprobar a materia. Consideraranse superadas sempre que se asista a todas as
sesións de prácticas, se entreguen os informes correspondentes, e estes obteñan
unha calificación de aprobado.

PROBA OBXECTIVA
FINAL (40 - 100 % da nota total)
Abarca todo o temario da materia distribuído en dous bloques: mecánica
(temas 1-7) que valerá un 60% da proba obxectiva final e electromagnetismo
(temas 8-10) que valerá un 40% da proba obxectiva  final. Ambos bloques puntuaranse sobre 10
puntos e deberase acadar un 4 en cada un deles para poder optar a superar a
materia. No caso de que non sexa así, a calificación final será a
correspondente ao bloque da proba obxectiva coa nota máis baixa.

A calificación final
do alumno/a será a correspondente á suma do 60% da avaliación contínua (6
puntos) e o 40% da proba obxectiva final (4 puntos). No caso de que a nota da
proba obxectiva final sexa maior que a calculada desta forma, o alumno/a
manterá como nota o 100% da proba obxectiva final (10 puntos), sempre e cando
realizara e aprobara as prácticas de laboratorio, e teña unha calificación
igual e superior ao 4 nos dous bloques de contidos que constitúen dita proba obxectiva final.

REQUISITOS PARA
SUPERAR A MATERIA (HAI QUE CUMPLILOS TODOS):

- Asistir as prácticas de
laboratorio, entregar as memorias de prácticas correspondentes e aprobalas.

- Obter o mínimo
establecido (4 sobre 10) en cada un dos dous bloques nos que se divide a proba
obxectiva final: mecánica (temas 1-7) e electromagnetismo, (temas 8-10).

- Acadar a unha
calificación final igual ou superior a 5 (60 % da avaliación contínua + 40% da proba
final, ou ben, 100 % da proba obxectiva final), satisfacendo os dous requisitos
anteriores.

Alumnado Repetidor:

Os /as alumnos /as que
superaran as prácticas en cursos anteriores, poden solicitar manter a
cualificación desa parte da materia neste curso académico. Para elo, deberán
renunciar voluntariamente á realización das prácticas antes do comezo do
período de prácticas deste curso.

Alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia:

1) Probas obxectivas
parciais: Adaptarase a  súa realización á dispoñibilidade horaria do
alumnado, contemplando de xeito extraordinario a realización virtual das
mesmas. No caso de que se realicen probas virtuais,  empregaranse as
ferramentas axeitadas para evitar fraude.  

2) Entrega de traballos
e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos: Realizaranse na
forma de entregas telemáticas cuxo contido será dunha dificultade semellante ao
do resto do alumnado.

3) Prácticas de
laboratorio: A realización e superación das mesmas é obrigatorio. A súa
realización terá lugar nun único día e nun horario determinado, que serán
pactados entre o/a alumno/a e o profesor/a.

AVALIACIÓN NA
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Realizarase
nos mesmos termos que na avaliación da primeira oportunidade.

CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADOS
: Para a obtención da
cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro
de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto
refundido)”

Os criterios de
avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema
de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a
avaliación.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes