Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaráselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundar no seu estudo. Os conceptos teóricos básicos serán tratados na aula, e tamén se introducirán os conceptos prácticos por medio de exemplos e titoriais que estarán dispoñibles na plataforma de aprendizaxe da universidade para que o alumnado poida iniciarse no uso das aplicacións que vai empregar durante as sesións prácticas. Ademais tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar en modo asíncrono.
Prácticas a través de TIC Levaranse a cabo prácticas sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, e unha aplicación SIX.
Traballos tutelados Proporase a elaboración dun traballo práctico consistente na programación dunha aplicación con unha folla de cálculo e PowerApps para o cálculo da carga, plan de carga, cálculo de calados, trimado, estabilidade e esforzos estructurais dun buque.
Proba práctica Realizaranse duas probas prácticas sobre o uso da folla de cálculo nas que o alumnado terá que demostrar que adquiriu as competencias necesarias no empleo desta aplicación para a resolución de problemas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes