Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A55 A56 B31 B32 B33 B34 B35 B36 O alumnado terá que entregar unha serie de exercicios sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC e unha aplicación SIX. 20
Traballos tutelados A55 A56 A57 A58 B31 B32 B33 B34 B35 B36 O alumnado terá que defender todas as partes do traballo práctico proposto diante do profesorado. A non defensa do traballo, así como a súa defensa insuficiente ou de tan só unha parte do traballo, considerarase como non realizado e recibirá unha calificación de 0. 40
Proba práctica B31 B33 B35 B36 Realizaranse dúas probas prácticas sobre a utilización da folla de cálculo para a resolución de problemas. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Avaliarase mediante Avaliación Continua tal e como se especifica a continuación:
  • Prácticas a través de TIC (20%)
  • Traballos tutelados (40%)
  • Probas prácticas (40%)

Para superar a materia será preciso obter:

  • Nota mínima final de 50 puntos 
  • Nota mínima no traballo tutelado de 20 puntos
  • Nota mínima nas probas prácticas de 20 puntos
Poderanse recuperar na data do calendario dos exames finais as partes suspensas correspondentes a:
  • Probas prácticas (40%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Avaliarase cunha proba práctica, na que se poderá acadar o 100% da nota, e que consistirá en:
  • Exercicios prácticos sobre as competencias traballadas ao longo do curso (100%).

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade aplicaránselles os mesmos criterios que ao resto do alumnado, podendo facer os traballos desde a súa casa usando as ferramentas de teleformación que lle proporciona a UDC. As probas prácticas levaránse a cabo nuhna data acordada co alumnado afectado.
  • Na segunda oportunidade avaliaráselles cunha proba práctica seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes