Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Navigation II
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Navigation I/631G01202
/
Navigation and Ship Management/631G01212

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Nautical simulation/631G01402

Other comments

A materia de Navegación II é unha continuación directa das materias do 2º curso Navegación I e Navegación Astronómica, e os seus contidos daranse por asimilados. O alumnado que non adquirise as competencias previas das materias mencionadas resultaralle practicamente imposible cursar de forma proveitosa esta materia, especialmente no referente á parte práctica.

O mesmo sucede respecto desta materia e a súa continuación no 4º curso, Simulación Náutica, a cal se basea na realización de exercicios de simulación. Nestes exercicios se parte da base de que o alumnado xa asimilou os contidos teóricos impartidos en Navegación II, polo que aqueles que non cursasen previamente esta, dificilmente poderán cursar Simulación Náutica.

Esta materia inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, conforme o curso modelo OMI 1.27, que se desenrola a continuación:

1.- Elementos del ECDIS

2.- A garda de mar con ECDIS

3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS

4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS

5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS

Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica, na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (40 horas en total).

 Esta materia tamén inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, cubrindo entre outros os seguintes:

- Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA).

- Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida.

- Utilización.

- Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida.

- Determinación da situación.

- Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais.

- Planificación do practicaxe sen visibilidade.

- Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar a abordaxe e dirixir a navegación segura do buque.

Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se desenrola no “Tema 3: ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08.

Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica, na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (30 horas en total).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes