A materia pódese superar de dúas maneiras:
1) Avaliación continua.
Para poder ser avaliado/a de esta forma, o/a estudante deberá asistir polo menos ao 80% das clases de problemas (con ou sen entrega), entregar polo menos 4 das 5 prácticas e realizar polo menos 4 das 5 probas que se farán ao longo do cuadrimestre.
A nota final calcularase da forma seguinte:
(nota do exame) x 0’6 + (nota de curso) x 0’4
• Exame final (primeira ou segunda oportunidade): é necesario obter polo menos o 40% da puntuación.
• Probas: realizaranse 5, en horario de clase e previamente anunciadas. A nota das probas representará a metade da nota de curso.
• Prácticas: propoñeranse 5, en horario de clase e previamente anunciadas. Para a súa resolución poderanse formar grupos de dúas persoas, que recibirán a mesma cualificación; tamén se poderá resolver e entregar individualmente. Non se poderá repetir a composición dun grupo de dúas persoas en dúas prácticas distintas. A nota das prácticas representará a metade da nota de curso.
Para superar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5 sobre 10.
2) Exame final.
O/a alumno/a debe obter polo menos 5 puntos sobre 10 no exame final da primeira ou da segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou prácticas, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" na nota de curso. No caso dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.