Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Infraestruturas do transporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. 25
Proba obxectiva A proba obxectiva consta á súa vez de varias probas. Unha delas é a proba final obxectiva que se realizará na data marcada no calendario académico oficial. Tamén haberá probas obxectivas ao longo do curso, na data e forma que irá definindo o profesorado da materia durante o curso. Todas elas son probas de avaliación de contidos teóricos e/ou prácticos sobre a materia impartida na materia.
Durante a realización das probas obxectivas presenciais, non se permitirá o uso de smarphones, tablets ou calquera outro tipo de dispositivo electrónico, salvo que sexa necesario para a súa realización (por tratarse dunha proba en liña), o cal se especificará con anterioridade a realización de a mesma. En caso de levar á aula algún destes dispositivos, estes deberán permanecer apagados e gardados.
75
 
Observacións avaliación

A materia consta de tres bloques: Transportes (1 ECTS), Camiños (3 ECTS) e Ferrocarrís (2 ECTS).

Cales son os requisitos para aprobar a materia?

Existen dous requisitos para aprobar a materia:

1.- En primeiro lugar, debe obterse unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 nas probas obxectivas finais de todos e cada un dos Bloques (Transportes, Camiños e Ferrocarrís). Se este requisito non se cumpre, non se poderá aprobar a materia.

2.- En segundo lugar, a media ponderada das notas dos tres bloques deberá ser maior ou igual que 5,0 puntos sobre 10. A media ponderada calcúlase como a suma de 1/6 da cualificación obtida na proba obxectiva do Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no Bloque de Camiños e de1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Como se calcula a cualificación final da materia?

Cada bloque temático da materia avalíase da seguinte forma:

Transportes

Dada a escasa duración do bloque, realizarase unha probafinal obxectiva, cunha ponderación do 100% na cualificación do bloque.

Adicionalmente, exporase un traballo tutelado voluntario,que permitirá sumar ata 0,5 puntos na cualificación do Bloque de Transportes. Esta cualificación só se terá en conta a partir dunha cualificación de 4,0puntos na proba final obxectiva do Bloque.

Camiños

Un máximo de 5 traballos tutelados que poderán ser: sobre identificación de elementos da sección transversal, sobre identificación de tipoloxías de nós, sobre identificación de perdas de trazado, dinámicas e de orientación, sobre enxeñería de tráfico e/o sobre problemas de trazado o calquera outra materia obxecto da asignatura. A puntuación, data e forma de entrega de cada un deles definirase ao longo do curso. Todos eles entregaranse vía Moodle. O peso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque.

Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase arealización, ao longo do curso, de diversos exames teóricos e/o prácticos. Opeso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque.

Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data establecida no calendario académico, cun peso do 40% na cualificación do bloque.

Ferrocarrís

Traballos tutelados , teóricos ou prácticos, relacionados con os temas en que se estrutura o bloque de Ferrocarrís. A súa data de entrega definirase ao longo do curso. Todos os traballos entregaranse a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Os traballos tutelados supoñerán un 25% da cualificación do Bloque de Ferrocarrís.

Probas obxectivas de avaliación continua . Exporase a realización de probas teóricas, a través da plataforma Moodle, en horas de clase. O peso conxunto das mesmas será dun 25% na cualificación do Bloque.

Proba obxectiva final . Realizarase un exame final na data establecida no calendario académico cun peso do 50% na cualificación do Bloque.

A cualificación final calcúlase como a suma de 1/6 dacualificación global obtida no Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida noBloque de Camiños e de 1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Lémbrase que, con independencia da cualificación globalobtida en cada bloque, para aprobar a materia é preciso obter polo menos un 4en cada unha das probas obxectivas finais de cada bloque e, ademais, a mediaponderada das devanditas probas debe ser igual ou superior a 5.

Hai que presentarse na mesma oportunidade a todos osbloques?

Non é preciso. O estudantado poderá decidir se na primeira oportunidade quere presentarse a ningún, algún ou todos os bloques. Desta forma, se nalgunha das probas obxectivas finais de cada bloque obtén unha cualificación maior ou igual a 5,0 puntos sobre 10, dita cualificación gardaráselle, pero só ata a segunda oportunidade, non para o curso seguinte.

Os estudantes que superasen algún bloque na primeiraoportunidade, de acordo co exposto no parágrafo anterior, só terán quepresentarse ao bloque ou aos bloques pendentes na segunda oportunidade.

É obrigatoria a asistencia a clase?

Non é obrigatoria a asistencia a clase, pero tense en conta. Así, se un/a estudante asiste a un 80% ou máis das clases da materia, terá unha oportunidade extraordinaria para realizar a proba obxectiva final do Bloque de Transportes e a proba obxectiva final do Bloque de Camiños. O exame de cada bloque realizarase con anterioridade á data da primeira oportunidade, coincidindo aproximadamente co final da docencia de cada bloque, aínda que se fixará na data e forma fixada polo profesor/a de cada un destes bloques.

Se por razóns de calquera índole, o/a estudante non asiste ao mínimo do 80%, non poderá optar a esta oportunidade extraordinaria.

E se un estudante está matriculado a tempo parcial ou nondesexa seguir a avaliación continua?

Neste caso, poderá asistir unicamente ás probas obxectivasfinais, fixadas no calendario académico da Escola. Mantéñense os requisitospara aprobar a materia (4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva final de cadabloque) e a cualificación final será o resultado de considerar a mediaponderada das cualificacións obtidas na proba de avaliación final de cadabloque.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes