Solución de problemas |
A1 A2 A5 A7 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A20 A23 B1 B2 B6 B7 B11 B12 B13 C3 C7 |
No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, inclúese un suposto de liquidación de IRPF. Ademáis do test sobre o conxunto da materia |
56 |
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da cualificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación. A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamiento de información.
5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
Outras observacións de avaliación:
Para superar a materia, é necesario aprobar o exame final, esixíndose aprobar cada unha das partes: o test e a liquidación de IRPF
|