Proba de resposta múltiple |
B10 B11 B13 |
Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test, cada unha delas valorada nun 10% da nota final. |
20 |
Discusión dirixida |
B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 |
Valorarase a actitude activa participativa do alumnado na aula e a preparación dos exercicios ou casos plantexados. Forma parte esencial da avaliación continua a discusión durante a clase do desenvolvemento dos traballos co equipo docente da materia, polo que é necesaria a asistencia a clase. |
20 |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada. - Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: agás para o exame final, para o resto de actividades acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre. Por este motivo, este alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da materia nos dez primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As actividades terán o mesmo formato que para o alumnado a tempo completo
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente sinalados neste apartado. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade. Oportunidade adiantada: Avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota final.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN: Con carácter xeral, sen perxuízo do sinalado para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica da exención de asistencia, é necesaria a asistencia a clase para optar á parte da nota correspondente á avaliación continua, tanto de primeira como de segunda oportunidade. Rematado o período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que aínda teña que superar a materia poderáselle propoñer actividades que lle permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua para a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días á data do exame de segunda oportunidade. - Os criterios de cualificación de cada unha das probas anunciaranse no momento da realización da proba e achegaranse co enunciado da mesma.
|