Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  Financial Management II
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Proba mixta que pode conter cuestións teóricas e/ou prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc. 100
 
Assessment comments

Primeira oportunidade: suma das cualificacións de dúas probas mixtas, cada unha valorada sobre 5 puntos. A primeira delas realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación; a segunda na data que a Facultade designe para o exame final, e comprenderá exclusivamente a parte de materia non avaliada na primeira proba.

Segunda oportunidade: os alumnos suspensos na primeira oportunidade terán a oportunidade de repeti-las dúas probas na data que a Facultade acorde para o exame final. A cualificación calcúlase sumando o mellor resultado da primeira proba e o mellor resultado da segunda proba, entre os obtidos na primeira e a segunda oportunidade.

Oportunidade adiantada: avaliarase mediante unha proba mixta sobre 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.

Tódalas probas de avaliación deberán realizarse de forma presencial e na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero. Os alumnos con recoñecemento de dedicación parcial e/ou exención de asistencia seguirán o mesmo calendario e normas de avaliación que os restantes alumnos.

Fraude: é de aplicación o previsto no artigo 14 da normativa de avaliación da UDC, e no punto b do apartado 4 do artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo co previsto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba e recibirán una cualificación de cero en ámbalas oportunidades do curso académico, sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias adicionais que poidan ser esixibles.

Instrumentos electrónicos: salvo autorización expresa, non se permite o acceso á aula con dispositivos electrónicos susceptibles de almacenar e/ou transmitir datos, tales como smartwatches, móbiles ou calculadoras intelixentes. A presenza en lugares inxustificados entenderase motivo suficiente para a expulsión da proba, coas consecuencias previstas no parágrafo anterior.

Quen desexen ser avaliados nun idioma concreto dos empregados na docencia deberán manifestalo dentro por escrito dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre no que se imparta a docencia.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade dacordo coa normativa vixente.

Revisión de cualificacións: para dar cumprimento ás garantías previstas no art. 23.1 da normativa de avaliación da UDC, tódalas probas de avaliación revisaranse conxuntamente cando se publiquen as cualificacións provisorias, e dende ese momento os seus resultados serán firmes. Cando se solicite a revisión, tódalas cualificacións serán comprobadas e, caso de existir algún erro, rectificaranse á alza ou á baixa segundo proceda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes