A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
Cualificación de non presentado : Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada..
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
- Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
- Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación serán exactamente os mesmos que na primeira oportunidade, salvo a seguinte excepción:
De acordo coas directrices aprobadas pola Comisión Académica o día 22/10/06, nesta convocatoria o alumnado deberá ser capaz de acadar o 100% da nota. Pois ben, no caso desta materia, haberá unha proba adicional ao exame ordinario, que terá lugar inmediatamente despois deste. Esta proba consistirá en responder a unha serie de preguntas de desenvolvemento (tanto de contido teórico como práctico) durante un tempo máximo de 2 horas. Todas estas preguntas son de resposta obrigatoria, de xeito que unha puntuación de 0 en calquera delas suporía unha puntuación de 0 nesta proba complementaria, na que a puntuación máxima é de 3 puntos.