Para o recoñecemento da calificación pola asistencia aos eventos, o alumnado deberá asinar su presencia seguindo as instruccións dadas a través do Campus Virtual. Aqueles alumnos que non puideran asistir por unha causa debidamente xustificada deberán achegar os documentos que acrediten dita xustificación. A data límite para facelo será dunha semana a partires da celebración do evento.
O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a 4, ao longo de todo o curso académico. Cada un dos eventos puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a catro deles garante unha calificación de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable.
Facilitarase a plena integración do estudantado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado á vida universitaria.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.