Nesta materia tratarase de dar resposta ás necesidades de formación dos futuros docentes sobre a actuación na aula, xa que ante a diversidade educativa e a especificidade das materias tecnolóxicas, cabe revisar as actividades a realizar na aula, así como as relacións interpersoais que se establecen nela. Deste xeito, en “Didáctica da Tecnoloxía na Educación Secundaria”, abordarase a análise de distintas metodoloxías e estratexias para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe (en diante E-A) da Tecnoloxía, poñendo o acento na aprendizaxe do alumnado coma un suxeito activo construtor do seu coñecemento, para dar lugar a unha educación de calidade cunha perspectiva inclusiva. Terase sempre moi presente que nesta especialidade cóntase con espazos propios coma a aula-taller e as aulas de informática. Polo tanto, traballarase os modelos de actuación nas mesmas, que relacións favorecer, como abordar o currículo educativo a través da proposta de actividades de E-A, que agrupamentos realizar ou que recursos empregar.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías