Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Simulación A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula 20
Proba mixta A7 A10 A30 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo aplanificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do80%.

Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas asmetodoloxías avaliables:

Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% dapuntuación otorgada á mesma.

No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o50% da calificación otorgada. No portafolios, a avaliación pode ser diferentepara cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicaciónamosado por cada persoa e acumplimentación dos apartados que teñan carácter individual.

Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% dacalificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poderser avaliados/as.

No caso de non aprobar unha das metodoloxías, acualificación final da materia será como máximo de 4 puntos.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSAACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia polaComisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliacióncontinua ou optar por asistir ao exame final realizando unha proba similar á doalumnado non asistente.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se nonse cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de nonpresentado na materia.

3. A cualificación será a mediaponderada das notas das actividades e traballosrealizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendariooficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

ALUMNADO NON ASISTENTE (non asiste como mínimo o 80% das aulas)

Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de caráctermixto:

1) Un exame tipo test que terá un peso naavaliación final do 40%

2) Unha parte de preguntas de resposta breve que teráun peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para podersumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmoscriterios de avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas ascapacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, éprimordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación epuntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados comocondición imprescindible para superar a materia.

Considerarasecomo “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para ocurso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Nonpresentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nascondicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba doperíodo oficial de avaliación.

Ante a detección de conductasindebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC seestablece a:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa afalta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudanteserá cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoriacorrespondente do curso académico, tanto se a comisión da falta seproduce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase amodificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fosenecesario.

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.”

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes