Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Subjects
  Educación. sociedade e política educativa
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A1 A5 A6 A8 A10 C3 C4 C7 C8 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Long answer / essay questions A5 A6 A10 A11 C6 C8 Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia 30
Document analysis A1 A5 A6 A10 C6 C8 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Critical bibliographical A5 A6 A10 A14 Comprende, ademais da lectura dunha obra, a análise do seu contido, unha crítica e posterior valoración da mesma. No seu momento achegarase unha guía para facilitar a súa realización. 20
Oral presentation A1 A6 A10 A14 C4 C6 C7 C8 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Assessment comments

A asistencia ás clases é obrigatoria. O límite de asistencia mínimo é do
80%. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a
súa oportuna consideración. O alumnado que exceda a porcentaxe de faltas
non será avaliado e figurará na acta final como non presentado. As
faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non
excedan o 20% do total. Os traballos individuais, entre os que se
considera a proba de ensaio terán un valor do 60% na nota final (3 e 3).
Os traballos realizados en grupo un 40% (4 puntos). Para aprobar a
materia é necesario ter superados positivamente (aprobados) os dous
apartados: individual e de grupo. A proba de ensaio consistirá nunha
pregunta aberta. Para a súa realización cada alumna ou alumno poderá
empregar o material que considere máis oportuno. O valor deste exercicio
sera de 3 puntos, é dicir, un 30% da nota final. O tempo
de duración da proba de ensaio será dunha hora en calquera das
convocatorias. A outra proba individual será unha recensión cuxo valor
será de 3 puntos. Tal e como se establece nos puntos 7.2 e 7.3 das
Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario da UDC, as probas teñen carácter
obrigatorio polo que á súa non realización impide a superación da
materia. Para a segunda oportunidade de xullo e a convocatoria adiantada
os criterios de avaliación serán os mesmos que se explicitan para a
primeira, manténdose como condicións a obrigatoriedade e a presencialidade.
Na 2ª oportunidade o mesmo que na convocatoria adiantada o alumnado só
se examinará das partes non superadas con anterioridade, manténdose o
valor de cada unha das probas:3 puntos para cada unha das probas
individuais e 4 puntos para o traballo de grupo.

En calquera caso e de maneira xeral “todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes