Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  As tecnoloxías da información e comunicación nas artes plásticas e visuais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A8 A9 C6 C8 Capacidade de traballar en conxunto obtendo resultados axeitados aos fines propostos. 30
Obradoiro A2 A5 C3 C6 C8 Investigación, experimentación e desenvolvemento de ferramentas propias.
50
Estudo de casos A5 A6 C3 Valoración da análise dos contios alleos. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase resulta necesaria, dado que os procesos viviranse na propia aula e esixirase a participación activa e crítica do alumnado dentro da mesma.

Na avaliación terase moi en conta o grao de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo da asignatura. Tamén o grao de innovación e implicación no desenvolvemento do proxecto proposto.

Desta forma, teranse en conta os seguintes ítems:

· Participación na asignatura.

· Investigación e evolución.

· Busca, adaptación, transformación e creación das ferramentas.

· Adecuación á etapa educativa correspondente e do proceso metodolóxico.

· Creatividade como resolución de problemas.

Normas específicas de avaliación

Os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes