Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Values and Education for Equality
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Document analysis A13 A26 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B22 B24 C1 C3 C4 C7 Análise e discusión (individual ou grupal) de documentos e fontes relevantes así como desenvolvemento de actividades prácticas. 10
Oral presentation A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 Exposición grupal de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada.
Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
Expoñeranse nas data que se indiquen.
É condición indispensable a exposición para presentarse á proba de ensaio.
10
Long answer / essay questions A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.
Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado.
A súa realización terá lugar segundo calendario oficial.


50
Aprendizaxe servizo A6 A12 A13 A23 A26 A39 A40 B3 B5 B10 B11 B13 B22 B24 C1 C4 A actividade realizarase en grupo e componse do diseño dunha proposta de actividades arredor de temáticas realcionadas cos ODS e a Axenda 2030 como promotores de cidadanía global; temáticas escollidas polo alumnado no 1º cuadrimestre na materia de Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
O deseño será para unha sesión de 50 minutos nun aula de E.I. e levarase á práctica nun centro educativo dese nivel na CC.AA.
Na evaluación da proposta valorarase:
- o deseño e a súa aplicabilidade
- adecuación das actividades ao tempo da sesión de aula
- a inclusión de todos os apartados da planificación da proposta
- a claridade expositiva e a adecuación aos límites espaciais marcados
- a capacidade de autocrítica e de propoñer melloras
30
 
Assessment comments

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción 1: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 80%), é obrigatorio estar integrado en un grupo de
traballo que se conformará nas primeiras sesións de clase e
correspóndelle a porcentaxe de avaliación
seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais; 30% Aprendizaxe Servizo; 10% Presentación Oral; 50% Proba de ensaio, na que será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 2.25 sobre 5 para poder superar a materia na 1ª oportunidade. Quen non teña una asistencia mínima do 80% non terá opción a realizar a proba de ensaio, será avaliado/a no resto das metodoloxías peron non calificado/a na 1ª oportunidade.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avalaición segundo o seu peso respectivo, salvo que na proba de ensaio a puntuación sexa inferior a 2.25. Neste caso, a cualificación final corresponderase coa acadada nesta proba.

Na realizacion da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negatia ó final do cuadrimestre (1ª oportunidade), a convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que na 1ª oportunidade e só se repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidada como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Opción 2: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 80%):alumnado de continuación de estudios, con dedicación a tempo parcial e dispensa académica. Este alumnado realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre (1ª oportunidade) na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademáis dos traballos tutelados que en cada caso
particular se especifiquen (50% restante). A cualificación final sera a
suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación
segundo o seu peso respectivo. Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negativa ao final do cuadrimestre (1ª oportunidade), a
convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria anterior e só se repetirá a proba escrita, gardándose as
partes superadas da materia de unha oportunidade a outra, dentro do
mesmo curso académico.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” se rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/gl/normativa/academica/)

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado
de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidada como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

- Para superar a materia  tanto na 1ª como na 2ª oportunidade é imprescindible presentar todas as
actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio.
De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba
escrita. Se o caso se dá na 1ª oportunidade, a materia quedará pendente para a 2ª oportunidade, figurando na Acta como Non Presentado/a.

- O sistema de avaliación poderá flexibilizarse segundo estime pertinente a docente que imparte a materia en cada grupo.

- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así como o interese amosado , a actitude diante da materia e das actividades, e a participación e colaboración serán aspectos positivos á hora da avaliación.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato, xustificaada e acreditada para poder ter dereito a unha avaliación axustada as súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Neste caso, a docente tomará as medidas a que houbera lugar en cada caso para buscar a mellor opción, en beneficio do alumno ou alumna e o seu dereito a una aprendizaxe en igualdade e equidade. De non facelo así, o alumnado será considerado na opción 1 e a súa avaliación estará sometida ao xa descrito.

- Ao longo do 2º
cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou
divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a
súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia,
pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado
con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na
evaluación.

- O alumnado de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade deberá informar debidamente do seu caso á docente coa debida acreditación para poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia e garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportuidades na avaliación. En casos como os mencionados, a docente adoptará as medidas que considere oportunas nas probas de avaliación para non perxudicar a súa calificación final.

- O alumnado de Continuación de estudos (repetidor), obrigatoriamente deberá poñerse en contacto ca profesora antes
do 20 de febreiro do presente curso académico para que lle indique,
segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de
maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os
matriculados na Opción 1. En calquera caso  e unha vez comunicada a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita,
segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do
cuatrimestre (1ª oportunidade), na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota
final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan
asignados expresamente ao alumnado e para os cales se fixará unha data de entrega. No caso de non entregar nada na data fixada, non haberá opción a facer a proba de ensaio. Na realización desta proba, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado
de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidada como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Todas as condicións descritas serán válidas para a 2ª oportunidade.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes