Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Orientación e titoría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os/as estudantes posúen da materia e presentarase a mesma.
Sesión maxistral A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...).
Simulación O alumnado deberá actuar como titor/a ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comportamento, as actitudes e os valores.
Lecturas Os/as estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos.
Proba de ensaio Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do/a estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Proba obxectiva Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes