Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma.
Polo tanto, o día marcado no calendario oficial para a primeira oportunidade non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia.
O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións interactivas) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada.
Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.
É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes.
A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que non superase a materia ou que non se presentase.
- No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaliación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame da 2ª oportunidade de 2025. A proba obxectiva, que supón un 20% da calificación total, se realizará na data oficial.
A avaliación adiantada rexerase polo mesmo sistema de avaliación. O alumnado baixo esta modalidad o debe comunicar ás docentes ao principio de curso. Deberá entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame. Realizándose a proba obxectiva que supón un 20% da calificación total, na data oficial.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”