Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Orientation and Tutorials
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Long answer / essay questions A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 Proba/s asíncrona/s na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do/a estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 15
Simulation A10 A32 B6 Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. 27.5
Supervised projects A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 Valorarase a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. 25
Research (Research project) A22 B11 B14 C3 C5 Se avaliará a aprendizaxe efectiva do alumnado, a través de actividades de carácter práctico, dos contidos teóricos relacionados coa materia.
12.5
Objective test A8 A11 Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará dúas probas escritas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. 20
 
Assessment comments

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial para a primeira oportunidade non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia.

O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións interactivas) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.

É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. 

A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que non superase a materia ou que non se presentase.

  • No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
  • No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaliación continua.

Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame da 2ª oportunidade de 2025. A proba obxectiva, que supón un 20% da calificación total, se realizará na data oficial.

A avaliación adiantada rexerase polo mesmo sistema de avaliación. O alumnado baixo esta modalidad o debe comunicar ás docentes ao principio de curso. Deberá entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame. Realizándose a proba obxectiva que supón un 20% da calificación total, na data oficial.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes