Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Infancia, TV e outras pantallas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A5 A12 A13 A21 A41 A57 A62 A63 B25 B24 B22 B19 B17 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 O proxecto de Aps consistirá na creación dunha situacíón de aprendizaxe na que se traballará algún aspecto relacionado coa protección da infancia e a educación mediática tendo en conta o enfoque da Educación para a Cidadanía Global. Unha das dinámicas propostas poderán ser levada a cabo nun centro educativo. 70
Proba de resposta múltiple A13 A62 B10 B11 De forma voluntaria se poderá realizar unha proba de resposta múltiple baseada nunha batería de preguntas traballadas na aula. 30
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden obter un máximo de 7
no proxecto de Aps. A materia poderá superarse obtendo un 4 no proxecto
Aps. Voluntariamente poderá realizarse una proba de resposta múltiple
baseada nun batería de preguntas traballadas na aula. Con esta proba
poderá obterse un máximo de 3 puntos. O alumnado asistente de non
superar a materia na 1º oportunidade poderá repetir o proxecto Aps e
voluntarimente a proba de resposta múltiple na 2º oportunidade.

Os
estudantes que teñan recoñecida a dispensa académica ou aquel alumnado
que perde a condición de asistente ao longo do cuadrimestre terán que
facer o proxecto Aps de forma individual e a proba de resposta múltiple.
As porcentaxes que aplicarán neste caso serán 60% proxecto Aps e 40%
proba de resposta múltiple tanto na 1º como na 2º oportunidade.

Os estudantes que teñan a matrícula a tempo parcial se rexirán polo criterios descritos.

AVISO

Tal e como se recolle na normativa a realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación serán obxecto de sanción.

Tendo
en conta a optatividade da materia e os cambios no número de persoas
matriculadas, o traballo e criterios de avaliación poderían estar
suxeitos a adaptacións negociadas co alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes