Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 Realización en pequeno grupo ou individual dun traballo titorizado guiado no que desenvolver de forma práctica os contidos teóricos e no que se demostre a aplicabilidade didáctica 20
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas 40
Obradoiro A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. 15
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. 8
Portafolios do alumno A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 A53 B3 B6 B7 B8 B9 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C8 O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. 12
Presentación oral A43 A45 A46 B7 B8 B9 B15 C1 C3 Exposición oral dos traballos tutelados co apoio de recursos dixitais. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado debe ser capaz de expresarse con corrección e fluidez de forma oral e/ou escrita en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios, de forma que demostre unha competencia comunicativa axeitada para o seu desenvolvemento profesional. O dominio destas destrezas é preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases (80%): obradoiro e portafolio grupal, onde se reflictan todas as tarefas prácticas elaboradas durante as sesións, xunto co material didáctico creado (27%), traballo tutelado escrito e exposición oral cos resultados (25%), reflexión crítica e argumentada non obrigatoria das lecturas obrigatorias que complementan os textos téoricos (8%) e proba de ensaio individual escrita (40%). O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia. Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas (proba de ensaio, obradoiro/portafolio e traballo tutelado/presentación oral).

Na cualificación final da materia deste alumnado, tamén influirán variantes como a participación activa nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas, así como as actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. 

Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia obrigatoria a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. 

2. Para as persoas con recoñecemento de dedicación parcial ou dispensa académica: proba de ensaio escrita extensa (70%), portafolio individual coas actividades propostas pola docente (10%) e un traballo titorizado e presentación oral (20%). Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo e seguimento. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase que dita/o estudante opta pola modalidade 3) de avaliación. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

3. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases e convocatoria adiantada: unha proba de ensaio extensa (80% da cualificación) e un traballo titorizado (20%). Excepcionalmente, e a valoración da docente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame (100%). 


- Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. 

- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes , en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas.

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes